Et Suseia Danza: ‘O que non se ve’

Data de inicio 21/06/2024
Data de fin 21/06/2024

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE VENRES O ESPECTÁCULO DE ET SUSEIA DANZA ‘O QUE NON SE VE’

Trátase dun espectáculo que mestura danza tradicional e contemporánea con son da música da tradición oral

Nigrán, 17.06.24.- O Concello de Nigrán, a través de Cultura no Camiño, ofrece este venres 21 de xuño no Auditorio Municipal ás 20:00 horas o derradeiro espectáculo de Et Suseia Danza “O que non se ve”, unha representación sobre a forza e a loita da muller na sociedade actual. A entrada é de balde ata completar o aforo. Esta mestura de danza tradicional e contemporánea pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país. Esta obra conxuga estilos moi diferentes, incluíndo a propia sonoridade. As coreografías foron creadas por Erick Pegueros, Diego Landín e Gustavo Couto, mesturadas co son da música de tradición oral, onde se identifica a enerxía das mulleres do rural galego, nas melodías que grazas a elas chegaron ata nós.

Concello de Nigrán, Praza Constitución, Nigrán, España