Escola de Jazz de Porto: Homenaxe a Charles Strouse

Data de inicio 30/03/2025
Data de fin 30/03/2025

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE DOMINGO NA NOVA PRAZA DA BIBLIOTECA UN CONCERTO DA ESCOLA DE JAZZ DE PORTO

Un cuarteto de músicos presentará ao mediodía unha homenaxe ao compositor Charles Strouse, exitoso autor de musicais de Broadway ou de películas como ‘Bonny and Clyde’

Nigrán, 26/03/25.- O Concello de Nigrán ofrece unha fin de semana adicada ao jazz. Así, tras o concerto deste sábado 29 de marzo do contrabaixista Paco Charlín co seu grupo Jazz Frequency Group (20:30 horas no Auditorio Municipal) o domingo 30 será o momento da Escola de Jazz de Porto cunha homenaxe ao compositor Charles Strouse ás 12:30 horas na renovada Praza da Biblioteca.

Con máis de 40 anos de historia, a Escola de Jazz Porto naceu en 1985 como un proxecto liderado polos irmáns Barreiros, que xunto a uns amigos decidiron dinamizar e promover o ensino da música improvisada en Portugal. Para esta ocasión contarán cun cuarteto formado por Alexandre Curopos (voz e letras), André Ramos (guitarra elétrica), Pedro Barreiros (baixo elétrico) e Christian Joseph (bateria).

O grupo presentará 10 temas emblemáticos deste compositor estadounidense nacido en 1928 e famoso por exitosos musicais de Broadway ou películas como ‘Bonny and Clyde’, algúns con letras actuais que provocan a reflexión sobre a problemática das sociedades. 


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42