Concerto de Piano: Noemí Rodríguez e Iria Pérez Alejos

Data de inicio 22/04/2023
Data de fin 22/04/2023

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE SÁBADO UN CONCERTO DE PIANO A CARGO DE NOEMÍ RODRÍGUEZ E IRIA PÉREZ

Nigrán, 19/04/23.- O Concello de Nigrán ofrece este sábado de 18:00 a 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto das pianistas da comarca Noemí Rodríguez (18 anos, Vigo) e Iria Pérez (19 anos, Nigrán), que tocarán pezas de Mozart, Chopin, Beethoven e Bach. A entrada é de balde ata completar o aforo.

Noemí Pérez é pianista e compositora , actualmente cursando o último curso de grao profesional da especialidade de piano no CMUS Vigo, ao mesmo tempo que recibe clases impartidas por Abe Rábade no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Noemí tocará a sonata nº8 de Mozart e ‘Estudio Revolucionario’ de Chopin.

Iria Pérez Alejos comezou os seus estudos musicais á idade de 9 anos no conservatorio Elemental de Gondomar xunto á profesora Patricia Goberna García. Actualmente cursa o último ano de grao profesional na especialidade de piano no CMUS Vigo xunto á profesora Eva María Palacios Toledo. Recibiu consellos de profesores como Patrín García-Barredo, Enrique Goberna, Miriam Gómez-Morán e Mariana Gurkova. Á súa vez participou en diferentes cursos como o Curso Mar a Mar ou o curso Forum Musikae Verán. Iria tocará ‘Preludio e Fuga no 14 WTK Vol. II en fa #menor de Bach, Sonata no 6 de Beethoven e Nocturno no 16 Op 55 no 2 de Chopin

Concello de Nigrán, Praza Constitución, Nigrán, España