Concerto ‘Cromosóns’

Data de inicio 29/05/2021
Data de fin 5/12/2021

Descargar dossier

O CONCELLO DE NIGRÁN PECHA A PROGRAMACIÓN ESPECIAL DO MES DAS LETRAS CO CONCERTO DO TRÍO DE CÁMARA ‘CROMOSONS’

A formación, integrada por frauta, vibráfono e percusión, interpretará un programa variado con compositores de diferentes épocas e países

Nigrán 26/05/21.- O Concello de Nigrán pecha a súa programación especial do ‘Mes das Letras’ co concerto este sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal do trío de cámara CromoSons. A entrada é de balde ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias. Na web www.nigran.es (apartado Próximos Eventos > CromoSons) figura o dossier con información polo miudo do grupo.

CromoSons é unha formación de cámara nada habitual integrada por instrumentos característicos de diferentes estilos: frauta a cargo de Adrián Silva, máis propia do clásico; Fran Troncoso ao vibráfono, típico do jazz; e Dani Riveiro no set de percusións, vencellados ao folclore. Esta mestura permite intepretar desde obras barrocas, a clásicas, impresionistas ou inspiradas no folclore propio ou doutras partes do mundo. Por iso, o repertorio inclúe compositores de diferentes épocas e países, chegando á actualidade. Entre eles: Bach, Debussy, Piazzola, Morricone, Lamas, Saint-Saens, Romero ou Manfred Fest.

69 Laurens St, North Melbourne VIC 3051, Australia