Concentración de artefactos flotantes ‘Flota como Poidas’

Data de inicio 2/08/2026
Data de fin 2/08/2026

INSCRICIÓN PREMENDO AQUÍ

 

 

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO ‘FLOTA COMO POIDAS’ DO DOMINGO 2 DE AGOSTO

Os interesados deben anotarse nun formulario web en www.nigran.es ata o venres 31 de xullo ás 12:00 horas

Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e agasallos sorpresa. O evento coincide coa celebración da feira de oportunidades de Ovalmi Portobelo

O Concello de Nigrán abre ata o venres 31 de xullo ás 12:00 horas o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de “artefactos flotantes” chamada ‘Flota Como Poidas’, que terá lugar o domingo 2 de agosto ás 18:00 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor. Os interesados deberán anotarse no formulario web do Concello en www.nigran.es. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 16.30 a 17.30 horas. Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma e agasallo sorpresa.

O Concello recorda que é obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante. Coma sempre,premiarase o artefacto flotante máis ‘currado’ e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e o clásico galardón “Titanic” para o primeiro que afunda.

O hilarante evento coincidirá coa celebración na mesma contorna da feira de oportunidades Portobelo organizada por Ovalmi en colaboración co Concello de Nigrán.

 


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42