Cineclub Val Miñor Alice Guy: ‘Cinco condiciones’

Data de inicio 26/03/2026
Data de fin 26/03/2026

O CINE MUNICIPAL DA RAMALLOSA PROXECTA ESTE XOVES A PELÍCULA ‘CINCO CONDICIONES’

Nigrán, 24/03/26.- O Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrece este xoves 26 de marzo coa colaboración do Concello de Nigrán a película de Lars Von Trier ‘Cinco condiciones’ a partir das 20:00 horas no Cine Municipal da Ramallosa. A entrada é de balde ata completarse o aforo.

En 1967 Jorgen Leth realizou unha curtametraxe de 13 minutos chamado ‘The Perfect Human’, un documental sobre o comportamento humano. No ano 2000, Lars von Trier retou a Leth a rodar cinco ‘remakes’ deste curto, cada un deles obstaculizado por unha condición que o realizador debía respectar escrupulosamente. O resultado, cinco variacións sobre o mesmo tema, é un intelixente exercicio sobre a arte de facer cinema.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42