Cineclub Val Miñor Alice Guy: ‘

Data de inicio 30/04/2026
Data de fin 30/04/2026

O Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrece este xoves 30 de abril coa colaboración do Concello de Nigrán a película iraní dirixida por Abbas Kiarostami ‘¿Dónde está la casa de mi amigo?’ en versión orixinal subtitulada ao castelán, a partir das 20:00 horas no Cine Municipal da Ramallosa. A entrada é de balde ata completarse o aforo. Despois haberá coloquio moderado polo profesor Alfonso Castaño.
Na escola da vila de Koker, ao norte de Irán, Mohamed non fixo os exercicios no caderno, e o profesor ameázalle con expulsarlle da escola se volve repetir a mesma falta. Esa mesma tarde, o seu compañeiro Ahmed toma por equivocación o caderno de Mohamed; cando se dá conta, decide ir buscar a casa do seu amigo para devolverllo.

 

 


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42