Cine Nigranjazz: ‘Mo´better blues’

Data de inicio 13/07/2026
Data de fin 13/07/2026

 

O Concello de Nigrán abre a 20 edición do Nigranjazz este luns 13 de xullo coa proxección gratuíta ás 20:00 horas da película de Spike Lee ‘Mo´better blues’ nos Cines Municipais da Ramallosa (Centro Comercial A Ramallosa). O Concello moveu o día previsto inicialmente (martes 14 ás 21:00 horas) para non coincidir coas semifinais de España no Mundial de fútbol. Trátase dunha longametraxe estadounidense do ano 1990 dirixida por Spike Lee, quen figura tamén no reparto xunto a Denzel Washington e Wesley Snipes. O filme, non recomendado para menores de 13 anos, ten unha duración de 123 minutos e proxectarase en versión orixinal subtitulada ao español. ‘Mo´better blues’ segue un período na vida do trompetista de jazz ficticio Bleek Gilliam (interpretado por Washington), xa que unha serie de malas decisións fan que poña en perigo tanto as súas relacións como a súa carreira como músico. O afamado director Spike Lee consigue neste filme captar a esencia improvisada do jazz á vez que narra unha historia profundamente humana.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42