Cine na Rúa: Los tipos malos
Data de inicio
13/08/2023
Data de fin
13/08/2023
13 agosto: Los tipos malos
Dirección: Pierre Perifiel; Xénero: animación. Duración: 100’. País: EEUU, 2022. TP
Sinopse:
Unha banda criminal de élite formada por todo tipo de animais foraxidos vaise poñer a proba co maior desafío da súa carreira profesional: converterse en cidadáns modelo.
Baseada na saga de libros ilustrados de Aaron Blabey publicada polo New York Times.
*Nomeada a Mellor Longametraxe de Animación nos Satellite Awards
*Premio ao Mellor Deseño de Personaxes nos Premios Annie.