Cine documental: ‘¡Nae pasaran!’

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE UNHA DOBLE SESIÓN DE CINE DE BALDE ESTE XOVES 24 NA RAMALLOSA
Ás 18:00 proxectarase ‘Nae Pasaran’ dentro das actividades pola ‘4ª Marcha Mundial pola Paz e Non Violencia’ e ás 20:00 o Cineclub Val Miñor Alice Guy regresa con ‘La caída del imperio americano’
Nigrán, 21.09.26.- O Concello de Nigrán ofrece este xoves 24 de setembro unha dobre sesión nos Cines Municipais da Ramallosa. Por unha banda, coa colaboración da asociación ‘Mundo sin guerras y sin violencia’ e dentro da ‘4ª Marcha Mundial pola Paz e Non Violencia’ , proxectarase a partir das 18:00 horas o documental ‘¡Nae Pasaran!’ e, por outra, ás 20:00 horas o Cine Club Val Miñor Alice Guy regresa tras o descanso estival coa longametraxe ‘La caída del imperio americano’.
‘¡Nae pasasen!’ é un documental de 2018 dirixido polo director chileno-belga Felipe Bustos Sierra que trata a historia dun grupo de obreiros duns talleres de Rolls-Royce en Escocia que se negaron a reparar motores da Forza Aérea de Chile entre 1974 e 1978 como boicot á ditadura de Augusto Pinochet.
‘La caída del imperio americano’ é unha película canadiense de 2018 dirixida e escrita polo aclamado cineasta Denys Arcand. Pierre-Paul, de 36 anos, un intelectual e doutor en filosofía, vese obrigado a traballar como repartidor para ter un salario decente. Un día, mentres entrega un paquete, tópase coa escena dun roubo a man armada con resultado de dous mortos e dúas bolsas de deporte cheas de cartos. Pierre-Paul enfróntase ao dilema de collelos ou non. Como en todas as sesións do cineclub, haberá un coloquio posterior moderado polo profesor Alfonso Castaño.
