Carlos Núñez en sesión vermú. Entradas en Ataquilla

Data de inicio 4/08/2024
Data de fin 4/08/2024

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE A CARLOS NÚÑEZ EN MONTEFERRO EN SESIÓN VERMÚ ESTE DOMINGO 4 DE AGOSTO

O aforo para as actuacións de sábado e domingo coincidindo co solpor están esgotadas, polo que o gaiteiro internacional ofrece esta nova oportunidade. As entradas están á venda a través de Ataquilla

Os asistentes poderán participar de xeito gratuíto dun vermú ao finalizar o concerto e dunha visita guiada a un dos petróglifos podomorfos mellor conservados de Galicia, ademáis de participar no sorteo dunha viaxe a Irlanda

A compañía Brittany Ferries, para a que Carlos Núñez grabou a sinfonía ‘Celtic Sea’ en homenaxe aos seus 50 anos de existencia, aproveitará para grabar un vídeo deste concerto e o proxectará en todos os seus barcos

Nigrán, 31.07.24.- O Concello de Nigrán ofrece este domingo 4 de agosto en sesión vermú (11:00 horas) a derradeira oportunidade para ver este verán ao mellor gaiteiro do mundo no mellor escenario do mundo: Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro tocando cara o Oceáno Atlánticoas Illas Cíes e Estelas. O espectáculo, que forma parte da programación estival do Concello de Nigrán e conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’, ten esgotado o aforo para as sesións ao solpor deste sábado e domingo. Os tickets para esta nova cita están á venda a través de Ataquilla cun prezo de 25 €.

Esta actuación ao mediodía será especial porque os asistentes poderán participar de xeito gratuíto dun vermú ao finalizar o concerto cortesía da marca galega Peregrino e dunha visita guiada por Manuel Santos-Estévez (arqueólogo do CSIC) a un dos petróglifos podomorfos mellor conservados de Galicia, localizado en Monteferro, cargado de lendas e historias, e con vistas espectaculares a toda a baíaA maiores, o público participará no sorteo dunha viaxe a Irlanda para 5 persoas incluíndo coche de alugueiro, todo cortesía de Brittany Ferries. Precisamente, esta compañía que une os portos atlánticos e para á que Carlos Núñez gravou no 2023 a sinfonía ‘Celtic Sea’ en homenaxe aos seus 50 anos de existencia, aproveitará para grabar un vídeo do concerto e o proxectará en todos os seus barcos (rexistra 3 millóns de pasaxeiros ao ano).

O obxectivo do gaiteiro internacional (como cada ano desde 2020 coa súa xira ‘Lugares Máxicos’) é enfeitizar aos asistentes grazas a especial sinerxia da súa música coa natureza e o momento do crepúsculo. A novidade desta edición é precisamente o disco ‘Celtic Sea’ e que durante esta sesión vermú, entre o son dos instrumentos prehistóricos e para trasladarnos a súa orixe, o escritor Francisco Narla lerá un breve fragmento da súa aclamada novela ‘Breo: o celta que desafiou Roma’.

Compre sinalar que, co obxectivo de respectar ao máximo á singularidade deste espazo natural e de facelo sen impacto algún, só se reservarán cadeiras para persoas con problemas xustificados de mobilidade, xa que o obxectivo é gozar da música sentados no propio chan, nun ambiente íntimo e en comunión coa propia natureza.

Monteferro, Monteferro, Panjón, Nigrán, España