‘Banda de Acordeóns Metropolitana’ e coral ‘Ventos do Val’

Data de inicio 19/02/2023
Data de fin 19/02/2023

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE O CONCERTO DA ‘BANDA DE ACORDEÓNS METROPOLITANA’ COA CORAL ‘VENTOS DO VAL’

Unha corentena de acordeonistas dirixidos por Juan Bande ofrecerán un repertorio de cancións populares e versións actuais e dos anos 80, estando acompañados en 4 temas pola coral de Petelos (Mos)

Nigrán, 14/02/23.- O Concello de Nigrán ofrece este domingo 19 de Febreiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto da ‘Banda de Acordeóns Metropolitana’ acompañada en catro temas pola coral ‘Ventos do Val’ de Petelos (Mos). A entrada é de balde ata completarse o aforo.

En total, unha corentena de acordeonistas de toda a provincia dirixidos polo profesor Juan Bande e con idades que van dos 12 aos 83 anos ofrecerán un concerto cheo de cancións populares e versións actuais e dos anos 80. A característica principal desta banda nacida no 2019 e integrada polo diferente alumnado de Bande é precisamente o seu repertorio fora do habitual.

Concello de Nigrán, Praza Constitución, Nigrán, España