Andaina de identificación de cogumelos

Data de inicio 20/11/2021
Data de fin 20/11/2021

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE COMO CADA OUTONO UN ROTEIRO DE IDENTIFICACIÓN DE COGUMELOS ESTE SÁBADO POLO FUTURO PARQUE FORESTAL OS MATOS-RÍO TÁBOAS

Os interesados deben achegarse ás 11:00 horas á porta do Cemiterio de Camos con roupa e calzado axeitado

A actividade estará guiada por un educador ambiental que ademais dará consellos para a súa recollida e información sobre o ecosistema deste futuro parque forestal

Nigrán, 17.11.21.- O Concello de Nigrán, como cada outono, organiza este sábado 20 de novembro un roteiro micolóxico polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas (parroquias de Camos e Chandebrito). O punto de encontro para a saída será ás 11:00 horas desde a Igrexa de Camos (onda o cemiterio) e terá unha duración aproximada de dúas horas. Os participantes deben levar calzado e roupa axeitados.

A actividade, guiada por un educador ambiental, constará do citado roteiro cunha análise do bosque de ribeira e toda a contorna do futuro parque forestal, busca e identificación de cogumelos, consellos para a súa recollida e información sobre a súa importancia para os ecosistemas. Os asistentes recibirán ademais un calendario de eclosión dos cogumelos comestibles máis habituais.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42