Actuación de danza Fundación Igualarte ‘Emovere’

Data de inicio 24/11/2024
Data de fin 24/11/2024

O CONCELLO DE NIGRÁN CELEBRA ESTE DOMINGO
O DÍA MUNDIAL DA INFANCIA COA ACTUACIÓN ‘EMOVERE’
DA FUNDACIÓN IGUAL ARTE

Seis bailaríns con capacidades diferentes dirixidos por Elena Fole realizarón este espectáculo que viaxa a través das emocións

Nigrán, 19/11/24.- O Concello de Nigrán festexa este domingo 24 de novembro o ‘Día Mundial da Infancia’ coa compañía de danza Combai da Fundación Igual Arte (fundación artística integral, para persoas con capacidades diferentes, situada en Vigo) no Auditorio Municipal ás 19:00 horas. A entrada é de balde ata completar o aforo.

Combai presenta o seu espectáculo ‘Emovere’, que pon o foco nas emocións reflectindo o desenvolvemento das mesmas, como nos afectan, nos mobilízan, nos guían e nos arrastran. Unha viaxe a través da comprensión e a xestión de cada unha delas. A ledicia, a tristura, a ira, o amor, a soidade, o medo ou a calma veranse reflexadas no escenario por seis bailaríns con capacidades diferentes dirixidos por Irene Fole: Alejandro Sierto, Helena Cuber, Vanesa Lea, Eva García, Álvaro Dei Pasquale e Carmen Gómez.

Concello de Nigrán, Praza Constitución, Nigrán, España