Proxección: ‘Tranvía a la Malvarrosa’

O Concello de Nigrán ofrece este xoves 12 de novembro ás 19:00 horas no Cine Municipal da Ramallosa a película ‘Tranvía a la Malvarrosa’, proxección que se encadra na programación para conmemorar o centenario da liña que uníu Vigo e a comarca desde setembro de 1926 a finais de 1968. A entrada é de balde ata completar aforo.
O drama dirixido por José Luís García Sánchez conta cun elenco de actores conformado por Liberto Rabal, Ariadna Gil, Fernando Fernán Gómez, Juan Luis Gallardo, Antonio Resines… Trátase dunha adaptación da novela homónima de Manuel Vicent. Valencia, anos cincuenta. Manuel, un mozo provinciano de clase media, acaba de chegar á cidade para estudar Dereito. Ao mesmo tempo, vive o primeiro amor, aínda que a súa ríxida educación relixiosa exponlle certas dúbidas morais.
A programación ao respecto continúa o 2 de decembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal cunha conversa para analizar a mobilidade actual e os seus desafíos. Finalmente, desde Nadal a finais de Xaneiro haberá unha exposición no Centro da Terceira Idade da Ramallosa (antiga estación). Toda a programación foi deseñada grazas as asociacións ‘Enganchados do pescante. Memoria dos tranvías de Vigo’, Resiliencia e o experto Ismael Pérez-Izaguirre.

O CONCELLO DE NIGRÁN CONMEMORA ESTE MÉRCORES O CENTENARIO DO TRANVÍA CUNHA CONFERENCIA A CARGO DA HISTORIADORA MARÍA ÁLVAREZ-BLÁZQUEZ
A liña que conectou a urbe olívica co Val Miñor a través da Ramallosa inaugurouse en setembro de 1926 transformando por completo a comarca
A programación por este fito histórico incluirá máis actividades de aquí a finais de ano grazas as asociacións ‘Enganchados do pescante. Memoria dos tranvías de Vigo’, Resiliencia e o experto Ismael Pérez-Izaguirre.
Nigrán, 26.10.26.- O Concello de Nigrán estrea este mércores 28 de outubro no Auditorio Municipal a programación para conmemorar o centenario da liña do tranvía que uníu Vigo e a comarca a través da Ramallosa desde setembro de 1926 a finais de 1968. Como punto de partida, a historiadora María Álvarez-Blázquez ofrecerá a conferencia ‘A transformación do Val Miñor coa chegada do ferrocarril eléctrico’ ás 19:30 horas con entrada de balde ata completar aforo.
As actividades ao respecto continúan o xoves 12 de novembro ás 19:00 horas coa proxección no Cine Municipal da Ramallosa de ‘Tranvía a la Malvarrosa’ e o 25 de novembro no Auditorio Municipal coa proxección de curtas e documentais sobre o ‘noso’ tranvía. Pola súa banda, o 2 de decembro levarase a cabo unha conversa para analizar a mobilidade actual e os seus desafíos. Finalmente, desde Nada a finais de Xaneiro unha exposición no Centro da Terceira Idade da Ramallosa (antiga estación). Toda a programación foi deseñada grazas as asociacións ‘Enganchados do pescante. Memoria dos tranvías de Vigo’, Resiliencia e o experto Ismael Pérez-Izaguirre.
“Máis alá da súa función como medio de transporte, o tranvía forma parte da memoria colectiva do Val Miñor e constitúe un elemento de elevado valor patrimonial e identitario para Nigrán. A Ramallosa era o núcleo neurálxico desta liña e onde se ubicaban as cocheiras, e podemos dicir con orgullo que somos o único municipio que mantén viva a antiga estación a través de diferentes usos”, considera o alcalde, Juan González, quen incide na aposta persoal como historiador de preservar a memoria da localidade, aspecto ao que se vincula esta iniciativa ou o Arquivo Histórico Audiovisual online, as xornadas de recuperación da memoria histórica ou conmeracións de todo tipo como a revolucións dos caraveis…
