Coro Covacanta

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE DOMINGO O CONCERTO DO CORO ‘COVACANTA’
Trátase de alumnado de Primaria e da ESO do CPI Covaterreña (Baiona)
Nigrán, 27/03/25.- O Concello de Nigrán ofrece este domingo 30 de marzo ás 18:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do coro ‘Covacanta’, nacido da actividade extraescolar do CPI Cova Terreña de Baiona durante o curso 2023/2024, cando a súa directora Nuria Zúñiga era a mestra de música de Educación Primaria. Neste centro contan cun coro xuvenil con longa traxectoria e ante tal aficción polo canto, creouse un infantil. Ante tal éxito e amor polo canto destas nenas e nenos, o ANPA do centro promoveu neste novo curso a formación deste coro pero como actividade extraescolar polas tardes. Os 39 compoñentes de entre 6 e 13 anos (Primaria e ESO) repetirán no Auditorio de Nigrán o concerto baseado na música de Disney que xa realizaron en xuño no Auditorio V Centenario de Baiona.
Actualmente están a traballar xa noutros dous concertos, un de música tradicional co grupo “Pandereteiras do Sobreiro” (Borreiros) para o Día das Letras Galegas e outro de rock acompañados do grupo ‘Los del Barro’ para fin de curso.
