Carteto de clarinetes ‘Unión Musical de Valladares’

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE VENRES O CONCERTO DO CUARTETO DE CLARINETES DA UNIÓN MUSICAL DE VALLADARES
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas
Nigrán, 03.12.24.- O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do cuarteto de clarinetes da Unión Musical de Valladares ás 20:00 horas na Capela de San Campio (A Ramallosa). Os intérpretes, César Posada, Miguel García, David Piñeiro e Ignacio Vila darán vida a obras de Nicolo Paganini, Astor Piazzola, Scott Joplin, Beatriz Lockhar e Elena Kats. Trátase do primeiro dos concertos de música de cámara que o Concello ofrecerá durante todo o Nadal en diferentes igrexas do municipio.
—
