Teatro: ‘La molinera de Arcos’

Data de inicio 18/11/2023
Data de fin 18/11/2023

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE SÁBADO A OBRA ‘LA MOLINERA DE ARCOS’ DO GRUPO DE TEATRO SENIOR
DE AFUNDACIÓN

O grupo está integrado por 16 actores con idades comprendidas entre os 61 e os 88 anos que farán pasar un bo intre con esta obra sinxela, atractiva para todos os públicos e chea de humor

Nigrán 17/11/23.- O Concello de Nigrán ofrece este sábado 18 de novembro ás 20.00 horas no Auditorio Municipal a nova proposta escénica dinamizada desde o Espazo +60 Afundación A Coruña. O seu grupo de teatro, dirixido por Víctor Díaz Barús, representará unha adaptación da obra de teatro ‘La molinera de Arcos’, de Alejandro Casarón. A entrada é de balde ata completarse o aforo.

No 1985 Víctor Díaz Barús forma o grupo de teatro do Espazo +60 Afundación A Coruña, e ese mesmo ano e con motivo do XXV aniversario da inauguración do Centro, debutan coa obra de Molière, ‘Casamiento a la fuerza’. No ano 1992, empezan a prodigarse con saídas e, a partir deste ano, o grupo adquire unha gran notoriedade, grazas a un vídeo promocional que se realiza co fin de entrar en circuítos culturais e que chega a distintas produtoras de ámbito estatal que solicitan a algún dos seus integrantes para que pasen a formar parte de elencos de series e anuncios. Na actualidade o grupo de teatro está integrado por 16 actores, con idades comprendidas entre os 61 e os 88 anos que farán pasar un bo intre con esta obra sinxela, atractiva para todos os públicos e chea de humor.

Concello de Nigrán, Praza Constitución, Nigrán, España