O Concello de Nigrán ofrecerá tamén por vez primeira piano para todas as idades e surf para a infancia pero o prazo de inscrición para ambos abrirá en outubro (informarase convintemente).
O Concello recupera as actividades do curso pre-pandemia cos mesmos aforos e co mesmo custe. As inscricións realizaranse no Auditorio Municipal de 9:00 a 14:00 horas nas datas indicadas no seguinte documento:
DESCARGAR TODA A INFORMACIÓN CURSO 21/22
ATENCIÓN!!! Do 28 ao 30 de setembro abre o novo prazo de inscrición (empadroados e non empadroados) para aquelas actividades nas que quedaron vacantes. A día de hoxe (27.09.21) quedan prazas en Tenis, Aerobic (ás 20:30 horas), Ximnasia para Maiores (ás 19:00 horas) e Zumba (só 2 ás 21:15 horas). A medida que se vaian esgotando se configurará lista de agarda cos solicitantes.
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE ESTE MARTES 21 O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES SOCIO-DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS
Recupera as anteriores á pandemia, co mesmo aforo e mesmo custe e todos os inscritos en actividades deportivas poderán facer uso gratuito da sala de fitness
O Concello ofrecerá en outubro a posibilidade de inscribirse en clases de piano ou de surf dirixido á infancia
Nigrán, 18.09.21.- O Concello de Nigrán abre desde este martes 21 de setembro e ata o venres 24 de setembro o prazo para que os empadroados do municipio se inscriban nas actividades socio-deportivas e culturais municipais, que arrincarán o 4 de outubro e rematarán o 31 de maio. Igualmente, o Concello abrirá novamente o prazo de inscrición do 28 ao 30 de setembro (aquí poden anotarse os non empadroados) para aquelas actividades nas que aínda quedase aforo. O lugar de inscripción é o Auditorio Municipal de 9:00 a 14:00 horas, cubrindose as prazas por rigurosa orde de matriculación. Toda a información cos seus horarios e grupos está pendurada na portada da web municipal www.nigran.es.
Neste novo curso 2021/2022 o Concello recupera a oferta anterior á pandemia, co mesmo aforo e mesmo custe pero tamén atendendo a calquera situación de emerxencia sanitaria. Igualmente, en outubro abrirá un novo prazo de inscrición para anotarse a clases de piano ou a surf dirixido á infancia, informando convintemente no seu momento.
As actividades a realizar son: taichí, ioga, taekwondo, aerobic-step, ximnasia da 3ª idade, ximnasia mantemento, pilates, zumba, tenis, cerámica, torno, música, pintura e gravado. Todos os inscritos en actividades deportivas poderán facer uso gratuito da sala de fitness.
O prezo das actividades é de 75€ para as persoas empadroadas en Nigrán e de 100€ para os non empadroados. (Nos importes inclúese o seguro
obrigatorio de accidentes). A actividade de tenis de adultos dos sábados terá un prezo de 37,5€ para as persoas empadroadas en Nigrán e de 50€ para os non empadroados. Igualmente, terán dereito a unha bonificación do 50% sobre o prezo público as persoas empadroadas en Nigrán que se atopen nunha situación de necesidade ou de dificultade económico-financieira.