Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán da Deputación de Pontevedra

O Concello de Nigrán informa da apertura do prazo de inscrición para os campamentos de verán da Lanzada, organizados pola Deputación de Pontevedra, unha actividade dirixida a nenos e nenas nacidos entre os anos 2002 e 2007 que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia.

Tamén está aberto o prazo de inscrición para os campamentos polideportivos Príncipe Felipe, organizados pola Deputación de Pontevedra, dirixido a nenos e nenas da provincia de Pontevedra nacidos entre os anos 2001 e 2008, ambos os incluídos.

As persoas interesadas terán até o mércores 1 de abril para formalizar as inscricións en calquera destes dous campamentos, e deberán presentar o impreso debidamente cumprimentado, xunto coas fotocopias do DNI do pai, nai ou titor legal, do DNI do menor ou o libro de familia, do cartón sanitario ou seguro médico e do libro de vacinas, así como o certificado ou volante de empadroamento.

Máis información e inscricións na OMIX de Nigrán, na Estrada pola Vía 65, Panxón, no teléfono 986 38 30 81 ou no correo electrónico omixnigran@nigran.org.