Aberto o prazo de inscrición para optar ao Plan de Bolsas Municipal

O Concello de Nigrán abrirá o vindeiro sábado o período de inscrición para optar ao primeiro Plan de Bolsas Municipal, tras publicarse hoxe o anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. O programa oferta seis bolsas para titulados en situación de desemprego empadroados en Nigrán, ampliando a súa formación e experiencia para o acceso ao mercado laboral.

Nesta primeira convocatoria, o plan oferta catro bolsas de ciclo medio de xestión administrativa para as áreas de Rexistro/Arquivo, Persoal, Servizos Urbanos e Centro Antena, unha bolsa de ciclo superior de administración e finanzas para a área de Recadación e unha bolsa de ciclo superior de animación sociocultural para o CIM.

As persoas interesadas, que terán desde o sábado sete días hábiles para formalizar a solicitude, teñen toda a información sobre este programa e as súas bases na páxina Web municipal, no Departamento de Emprego –no teléfono 986 36 50 00, extensión 1 ou no correo electrónico tle.nigran@nigran.org), no Centro Antena Municipal e Servizo de Orientación Laboral –no teléfono 986 36 65 72 ou nos correos centroantena@nigran.org e orlaboral@nigran.org e no Rexistro Municipal.