Aberto o prazo de inscrición no Programa Saúde e Benestar 2015 da Deputación de Pontevedra

O Concello de Nigrán informa que a Deputación de Pontevedra xa abriu o prazo de inscrición para o Programa Saúde e Benestar 2015, un paquete de estancias de 6 días e 5 noites en balnearios e hoteis con spa da provincia, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

Entre os establecementos participantes figuran o Talaso-Oia Galatea-Sanxenxo, Gran Talaso-Sanxenxo, Carlos I Sanxenxo, Talaso Louxo A Toxa, Spa Vía Argetum de Silleda e Novo Astur Villalonga, e os prezos por paquete oscilan entre os 160 e os 218 euros por persoa.

O programa está destinado a persoas nadas antes de 1965 ou pensionistas da Seguridade Social, que non padezan ningunha enfermidade incompatible co programa e que se atopen en condicións de total autonomía, e o prazo para solicitalo finaliza o próximo 7 de abril.

As persoas interesadas deberán dirixirse previa cita ao Departamento de Servizos Sociais do concello, a través do teléfono 986 36 50 00, extensión 4.