Aberto o período de inscrición dos programas Saúde e Benestar e Coidarte 2015 da Deputación de Pontevedra

O Concello de Nigrán informa que a Deputación de Pontevedra xa abriu o prazo de inscrición para os programas Saúde e Benestar e Coidarte 2015. O primeiro consiste nun paquete de estancias de 6 días e 5 noites en balnearios e hoteis con spa da provincia, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

Entre os establecementos participantes figuran o Talaso-Oia, Galatea-Sanxenxo, Gran Talaso-Sanxenxo, Carlos I Sanxenxo, Talaso Louxo A Toxa, Spa Vía Argentum de Silleda e Novo Astur Villalonga, e os prezos por paquete oscilan entre os 160 e os 218 euros por persoa.

O programa está destinado a persoas nadas antes de 1965 ou pensionistas da Seguridade Social, que non padezan ningunha enfermidade incompatible co programa e que se atopen en condicións de total autonomía, e o prazo para solicitalo finaliza o próximo 7 de abril.

O programa Coidarte 2015, dirixido a maiores de 50 anos e pensionistas que acrediten a súa necesidade e cofinanciado pola administración provincial e autonómica cun custo por persoa de 60 euros, consiste en pasar cinco tardes seguidas dunha mesma semana no balneario Talaso Atlántico de Oia, facendo uso das súas instalacións pero regresando diariamente a casa en autobús.

Talleres para maiores
Así mimos, o Concello de Nigrán lembra que se mantén aberto o prazo de inscrición para os talleres para maiores de 60 anos, pensionistas, empadroados no municipio, dándose prioridade de inscrición ás persoas que non participasen en anos anteriores, unha iniciativa que conta tamén co respaldo da Deputación de Pontevedra.

Os talleres de iniciación memoria serán os martes de 17.00 a 18.30 horas, o de mantemento de memoria, os xoves no mesmo horario; o taller de expresión corporal e actividades sociorelacionales, os martes e xoves de 9.30 10.30 horas e dous talleres de informática, os martes ou xoves de 10.30 12.00 horas. Todos eles impartiranse no Centro da Terceira Idade da Ramallosa.

As persoas interesadas deberán dirixirse previa cita ao Departamento de Servizos Sociais do concello, a través do teléfono 986 36 50 00, extensión 4.