Aberto o concurso de carteis para o Festival Nigrán Jazz Quin Alborés 2014

O goberno municipal abre o concurso de carteis para o Festival Nigrán Jazz Quin Alborés, que terá lugar o próximo 9 de agosto no escenario do estuario da Foz, na Ramallosa. O Concello de Nigrán busca un cartel que teña como tema o mundo do jazz e a súa estética.

Neste concurso, poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas maiores de 18 anos da comunidade autónoma de Galicia, podendo presentar cada unha delas un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas. O prazo de presentación finaliza o venres 11 de xullo ás 10.00 horas, cun único premio establecido de 500 euros brutos.

Máis información nas bases do concurso, a disposición dos interesados na páxina Web do Concello de Nigrán ou no Facebook do festival.