O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para o concurso de comparsas do Entroido 2015, que terá lugar o sábado 14 de febreiro na Avda. Praia América, a partir das 17.00 horas. Poderán participar no concurso todas as comparsas que conten entre os seus integrantes cun mínimo de vinte membros adultos, aínda que para poder optar aos premios deberán inscribirse previamente no Rexistro municipal.
As persoas interesadas en participar poderán formalizar as inscricións até o vindeiro venres 6 de febreiro incluído, en horario de 10.00 a 14.00 horas, presentando no Rexistro Municipal todos os formularios correctamente cumprimentados, que poderán recoller no Departamento de Cultura, en Secretaría de Alcaldía, ou descargar da páxina web municipal.
O concello repartirá 2.850 euros en premios entre o nove mellores comparsas participantes. Neste sentido, lémbrase que aquelas comparsas que non estean inscritas pero desexen participar, poderán facelo pero non terán opción a premio. Así mesmo, concederase a aquelas comparsas pertencentes a asociacións culturais e ou veciñais inscritas no rexistro municipal de asociacións unha dotación adicional de 300 euros por colectivo.
Máis programación
O goberno municipal complementará a programación do Entroido 2014 con inchables e xogos infantís, o domingo 15 no parque da Ramallosa, entre as 17.00 e as 20.00 horas; un concurso infantil de disfraces o luns 16 no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, a partir das 17.00 horas, e talleres infantís de circo o martes 17, que terán lugar no Pavillón Municipal de Panxón a partir das 17.00 horas.
Enterro da sardiña
Como é habitual, Nigrán despedirá o entroido co tradicional enterro da sardiña o mércores 18 de febreiro a partir das 18.30 horas, a contorna da Ramallosa. Como complemento a esta programación, a semana previa aos entroidos –do 9 ao 13 de febreiro- o concello, en colaboración co Centro Comercial A Ramallosa, organiza uns talleres infantís a partir das 17.00 horas para preparar o enterro da sardiña.