O Concello de Nigrán informa que a Conselleria de Traballo e Benestar convoca a prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo de 360 euros, co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos do neno, establecendo deducións da cota íntegra autonómica do IRPF.
Como novidade este ano a contía da axuda variará en función do número de orde que ocupe o menor de tres anos na unidade familiar, podendo ser as contías de 360 €, 1.200 € e 2.400 €.
Poderán ser beneficiarios todas aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos á data 1 de xaneiro de 2015 e que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2013, nin eles nin ningún membro da unidade familiar.
A documentación que deberá acompañar á solicitude é: fotocopia do libro de familia completo, certificado do padrón da unidade familiar, certificado IBAN a nome do solicitante (pai, nai ou titor) e outra documentación para casos excepcionais.
As solicitudes poderanse presentar no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán (planta baixa), antes do 10 de marzo, previa cita no teléfono.986 365 000, extensión 4.