A Xunta de Goberno Local de Nigrán concede unha nova licenza no polígono terciario de Porto do Molle

Trátase dunha nave pertencente a Export Radopa, firma dedicada á reparación e mantemento de equipos e motores de refrixeración industrial. A empresa ten un orzamento para a realización das obras de máis de 288.000 euros