A novena edición da Marcha BTT Concello de Nigrán congregou o pasado domingo a máis de 350 participantes, a pesar das adversas condicións climatolóxicas dos días previos. Os ciclistas partiron ás 9.15 horas do Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, para regresar sobre ás 14.00 horas, tras realizar un trazado de 40 quilómetros por rutas forestais e viarias de dificultade media-alta de todo o termo municipal.
Concello de Nigrán > Noticias > A Marcha BTT Concello de Nigrán congregou na súa novena edición a máis de 350 participantes