A III Festa Gastronómica do Mexilón despacha máis dun milleiro de tapas deste bivalvo

Éxito de afluencia na que é xa a terceira edición da Festa Gastronómica do Mexilón, unha iniciativa posta en marcha polo goberno local para promover e dinamizar a afluencia de locais e visitantes ás tradicionais festas de San Xoán, que se instalarán desde hoxe e até o vindeiro xoves 26 de xuño na parroquia mariñeira de Panxón.

O evento, organizado polo goberno municipal en colaboración coa Comisión de Festas de Panxón, atraeu na xornada de onte a miles de persoas, locais e visitantes que se desprazaron até a contorna do Porto de Panxón para degustar de forma gratuíta máis dun milleiro de tapas de mexillón e máis de 600 racións de empanada, tamén elaborada en base a este bivalvo típico das Rías Baixas.

A festa en Panxón continuará nos próximos días, aínda que a gran noite será a de hoxe, coas tradicionais fogueiras de San Xoán, e o mércores, coa gran tirada de fogos artificiais a partir das 00.00 horas, e pecharase o xoves 26 coa celebración do Día do Neno, no que todos os postos establecidos ao longo do Paseo Marítimo ofertasen os seus produtos a metade de prezo.