O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, avanza que a Dirección Xeral de Costas do Estado autorizou unha actuación a través do Servizo Provincial de Costas, para reconstruír e reparar os muros do Camiño de Areosa, na Praia de Patos, así como o propio camiño, moi deteriorado polos fortes temporais dos últimos invernos.
A actuación, que realizará o propio Servizo Provincial de Costas e valorada en 200.000 euros, comezará a partir do próximo 15 de abril, resolvendo así os accesos tanto ás vivendas da zona como a un dos areais máis concorridos do municipio, moi deteriorados pola actuación natural do mar tras os temporais.