A Asociación de Artesáns do Val Miñor ofrece até o vindeiro domingo 18 de agosto talleres gratuitos para nenos e adultos no posto que ten dentro da Feira Multicultural de Praia América, fronte ao parque infantil. O xoves pódense realizar talleres de madeira e pedra en horario de tarde, e pola mañá só de pedra, co artesán Paco Vila. O venres e o sábado é a quenda dos cesteiros e o repuxado de metal, en horario de mañá e tarde, coa participación de Rubén “O Cesteiro” e “Carliños”. O domingo pola tarde o artesán coñecido como “O Bucanero! impartirá un taller de madeira, e pola mañá repetirá o metal.
Concello de Nigrán > Noticias > A Asociación de Artesáns do Val Miñor ofrece talleres gratuitos para todos os públicos