A artista Lourdes Alonso, usuaria do Centro Juan María, enche de cor o centro de negocios de Porto do Molle

A pintora entregou onte un cadro no que recolle a súa particular visión da zona empresarial con tintes primaverais. O lenzo, de grandes dimensións, preside unha sala de esparexemento no primeiro andar do edificio