Car boot Sale

Data de inicio 1/11/2026
Data de fin 1/11/2026

O CONCELLO DE NIGRÁN ACOLLERÁ ESTE DOMINGO UN NOVO ‘CAR BOOT SALE’ ADICADO Á VENDA DE SEGUNDA MAN POR PARTE DE PARTICULARES

O coñecido como ‘mercado de maleteiro’ que se estreou en agosto regresa este domingo ao campo de fútbol de Lourido co obxectivo de que os particulares poñan á venda obxectos que xa non utilizan empregando o seu propio coche como escaparate

O Concello de Nigrán acolle novamente durante toda a mañá deste domingo 1 de novembro no campo de fútbol de Lourido a cuarta edición do ‘Car Boot Sale’ da comarca. Traducido como ‘mercado desde o maleteiro’, trátase dunha feira informal, moi popular en Reino Unido, onde os particulares venden artigos de segunda man directamente desde o maleteiro dos seus coches (desde xoguetes a roupa, menaxe, libros, artigos de decoración, aparellos eléctricos, discos, pequeno mobiliario…). O obxectivo é darlle unha segunda vida ao material en desuso que ‘habita’ en cada casa e que pode resultar útil para outra persoa que, a súa vez, o obtén a un prezo económico. Durante a xornada, que se desenvolverá de 10:30 a 15:30 horas, celebraranse obradoiros creativos e haberá food-trucks e música en directo.

Esta iniciativa parte de Arantxa García, veciña de Nigrán que vivíu desde moza os ‘car boots sale’ de Inglaterra e quen se lanzou coa iniciativa no mes de agosto e tamén en setembro co obxectivo de celebrar unha edición ao mes. 


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42