Limpeza simultánea de Ríos. Desembocadura do Muíños

Data de inicio 4/10/2026
Data de fin 4/10/2026

O CONCELLO DE NIGRÁN SÚMASE O DOMINGO 4 DE OUTUBRO Á ‘XIX LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS’ NA DESEMBOCADURA DO MUÍÑOS

Os interesados en participar deben inscribirse en atencioncidada@nigran.org ou no 986365000 e presentarse este día ás 11:00 horas na Oficina de Turismo de Gaifar

O Concello de Nigrán súmase como cada ano este domingo 4 de outubro á ‘XIX Limpeza Simultánea Móllate polos ríos” coordinada por Adega nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social que, neste caso, terá lugar na desembocadura do río Muíños desde as 11:00 horas. Os interesados en participar deben inscribirse en atencioncidada@nigran.org ou no 986365000 e presentarse este día ás 11:00 horas na Oficina de Turismo de Gaifar. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, luvas e roupa de auga.

Este é un dun día no cal voluntarios e voluntarias de toda Galicia saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza, valor e beleza dos nosos ecosistemas fluviais. Centos de Kg de refugallos xa foron extraídos dos ríos Muíños e Miñor nos anos pasados polas decenas de voluntarios que teñen participado nesta iniciativa.

O Proxecto Ríos, ao que pertence esta iniciativa, é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental de Adega que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42