Copa Galicia Pump Track – I Gran Premio Concello de Nigrán

Data de inicio 19/09/2026
Data de fin 19/09/2026

 

O CONCELLO DE NIGRÁN INAUGURA ESTE SÁBADO A COMPETICIÓN OFICIAL NO PUMPTRACK DO SALGUEIRAL COA FINAL DA COPA GALICIA

A inscrición é de balde para os deportistas federados e está aberta para todas as categorías ata o mércores 16 de setembro na web da Federación. Esta é a última proba da Copa Galicia, polo que decidirá moitos pódiums

O Concello estreou o ano pasado esta infraestrutura única na provincia, de acceso libre, e que está conformada por un circuito infantil e outro de nivel avanzado

Nigrán, xx/09/26.- O Concello de Nigrán estrea este sábado 19 de setembro a competición oficial no pumptrack municipal do Salgueiral coa celebración da ‘Copa Galicia – I Gran Premio Concello de Nigrán’, organizada coa colaboración do Club Ciclista Coruxo. A inscrición é de balde para os deportistas federados e está aberta para todas as categorías ata o mércores 16 de setembro na web da Federación. Esta é a última proba da Copa Galicia, polo que do resultado dela dependen moitos dos pódiums, agardándose unha participación de aproximadamente 120 riders de toda a comunidade. A xornada está planteada con adestramentos libres entre as 11:00 e 13:00 horas, adestramentos oficiais de 14:00 a 16:00 horas, probas clasificatorias a partir das 16:30 horas, manga final ás 18:30 horas e entrega de trofeos ás 20:00 horas.

“Estamos realmente orgullosos de ter construido esta infraestrutura municipal moi demandada pola mocidade e que cada día reúne a decenas de riders, especialmente nas fins de semana. Animamos a toda a veciñanza a que acuda a ver esta primeira competición oficial porque é unha modalidade deportiva moi espectacular e, precisamente, estarán os mellores deportistas de Galicia”, explica o alcalde, Juan González.

Infraestrutura única

Este circuíto, o máis grande do sur da provincia e o único en toda Pontevedra con zona de saltos tipo dirt-jump, súmase ao surftrack de Patos e ao skate park de Porto do Molle. A dotación na que se celebra esta primeira competición está enfocada na práctica de BMX aínda que é apta tamén para skate ou scooter e foi executada pola empresa de referencia do sector, Overlay Projets, cun investimento de 75.400 €. O pumptrack, de acceso libre, sitúase nunha parcela municipal de 3.574 m² sen uso previo e ubicada entre o Camiño de Salgueiral e a PO-325, cerca da praia e do centro urbano. En total, ocupa 1.030 m² e consta dun circuito independente de 38 metros de trazado e forma triangular destinado a principiantes e infancia, e dun segundo gran circuito ao seu carón (no que terá lugar toda a competición) conformado por dous aneis combinados para un nivel medio ou avanzado (de 85 metros e 95 metros de longo respectivamente, arrancando simultáneamente desde unha plataforma e estando un deles conformado por mesetas para practicar saltos dirt-jump). Sendos pumptracks, materializados en asfalto, están conformados por peraltes, contraperaltes e baches de diferentes dificultades.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42