Festival Competitivo ‘Cinema a Pedal’

Dentro dun mes, o Concello de Nigrán volve a por ‘Cinema a Pedal’  en marcha. E esta vez, con algo moi especial: por vez primeira, teremos sección competitiva 📽️✨🚲

Será unha selección de curtametraxes e longametraxes chegará á pantalla para ser valorada por un xurado e, tamén, polo público. Porque nesta edición haberá Premios do Público, tamén na sección de curtas infantís 💛
Na sala, as bicicletas xa non xerarán a enerxía das proxeccións, pero seguirán sendo o fío condutor dun festival que as reivindica como o mellor medio de transporte para desprazamentos curtos, como símbolo de gozo e liberdade, e como forma de entender o mundo 🚲

📅 Do 16 ao 20 de setembro

📍 Cines Municipais da Ramallosa · Centro Comercial Siglo XXI

🎟️ Entrada libre até completar capacidade