VII Festival Miúdo ‘Parrulas Fest’: María da Pontragha (12:00 h) + Antuán de la Cream (19:30 h) + Patty Diphusa (20:30 h)

MARÍA DA PONTRAGHA 12:00 h
Estrebillos
María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade. En Estrebillos atoparemos contos e cancións para mata-lo tempo e estrebillar un pouco. A quen non lle gusta que lle fagan un estrebillo? Vente xogar coas palabras e as emocións. Percorreremos historias de pouca volta e pasarémolo de marabilla.
ANTUÁN DE LA CREAM 19:30 h
Antuán De La Cream
Se existe unha montaña rusa do riso, esa é Antuán de la Cream. O espectáculo que presenta é unha viaxe humorística ao máis puro estilo Clown. Nel oscilará dende a serenidade ao nerviosismo, provocando gargalladas que acompañarán ao seu público por este periplo onde Antuán case nunca perde o control… A naturalidade e o salero desta personaxe logran conectar velozmente co público. Coa inquietude que o caracteriza, e como bo amante da improvisación, a este pallaso encántalle verse en problemas e facer da resolución destes o momento triunfal da velada. Un carrusel de emocións do que ninguén quererá baixarse.
PATTY DIPHUSA 20:30 h
Superharte
¿Como conseguir evitar que o medo te paralice, cando eres pequena e todos te din que non podes? A clave está en SUPERHARTE. Un espectáculo cunha mensaxe de empoderamento para o público: vencer o medo e ser capaz de facer o que semella imposible. Buscando a confianza en si mesma e grazas ó apoio do público, Patty conseguirá chegar ó máis alto. Compartindo polo camiño a alegría da superación constante dos temores máis profundos. Porque por moi complicado que pareza, por moi grande que sexa o globo, por tola que sexa a idea, Patty consegue con esforzo e ilusión conquistar proezas que moitos creerían inalcanzables para ela. Porque se te din que non es capaz ti failles ver que están equivocados.

