
O CONCELLO DE NIGRÁN PRESENTA O ‘III FESTIVAL NIGRANBLUES’ CON PRESENCIA DE GRUPOS DE GRAN BRETAÑA, PORTUGAL, CUBA E GALICIA
Nigrán consolídase como referente do Blues en Galicia coa celebración o sábado 15 de agosto desta terceira edición que reúne en Gaifar a Mitch Laddie Band, Nico&The Blue Birds, Layuca, The Triplets e Blue Mondays en sesión vermú no paseo de Panxón
O festival quecerá motores o venres 14 de agosto no Malabar-Pénjamo de Patos cunha jam-session liderada por Red Duck Blues
O Concello de Nigrán ofrecerá o sábado 15 de agosto no espazo deportivo ‘Dunas de Gaifar’ a terceira edición do Nigrán Blues, un Festival Internacional que se converteu nunha cita ineludible para os amantes do xénero no sur de Galicia. O evento, de entrada libre, conta novamente cun cartel de luxo conformado a partir das 19:00 horas pola banda inglesa Mitch Laddie Band, a portuguesa Nico&The Blue Birds, a cubano-galega Layuca e a galega The Triplets, ademais, previamente en sesión vermú tocará no Malabar Beach de Panxón-Praia América a galega Blue Mondays (13:00 horas). A maiores, este ano o festival quecerá motores o venres 14 tamén no Malabar Beach cunha jam-session ás 19:00 horas liderada polos músicos locais de Red Duck Blues, responsables de .jams en Vigo durante todo o ano e dispostos a compartir a experiencia de improvisar con todo aquel que desexe tocar.
Ademais da música en directo, o evento ofrecerá unha experiencia completa con food trucks variados e a animación do DJ Phantomatic para manter o ritmo entre concerto e concerto, mentres que o artista vigués Marcos Puingher realizará un espectáculo de live painting, creando unha obra de arte en directo que capturará a esencia da xornada.
Esta iniciativa é unha aposta do Concello de Nigrán a través da produtora FB Produxion, e supón a culminación do exitoso ciclo anual Blues & Rías, que durante todo o ano achegou a Galicia a grandes nomes do Blues nacional e internacional, afianzando a comarca como un polo de atracción para este estilo musical. O festival conta ademáis coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan + Provincia.
“Acabamos de celebrar o Nigranjazz, un festival do Concello que nos sitúa no mapa peninsular dos mellores recintos para escoitar jazz, e agora temos o ‘Nigran Blues, que en só tres edicións tamén coloca a Nigrán como referencia neste xénero musical clave no desenvolvemento de outros moitos estilos”, valorou Juan González, alcalde do municipio, na presentación do evento. “O Nigrán Blues 2026 non é só un festival, senón un evento que celebra a cultura, a arte e a música nunha contorna privilexiada”, remarcou o seu director, Frans Banfield.
MITCH LADDIE BAND (UK): A banda británica Mitch Laddie Band presenta o seu último traballo, “Faith and Other Bad Habits”, un álbum cheo de conmoción, medos, blues e rock, o seu son característico. Tras unhas xiras incribles e actuacións extraordinarias por España en xiras anteriores (en particular, actuacións destacadas no Festival Internacional de Blues de Cáceres e no Festival de Blues de Cerdanyola), a banda lanzou numerosos álbums aclamados pola crítica. O seu álbum “Incendio Puentes” foi elixido como “Mellor Álbum de Blues de 2012” pola revista Blues & Alma. Tras o éxito comercial de “Incendio Puentes”, a banda lanzou o álbum en directo “Ao Vivo en Concierto”. Crudo y cheo de enerxia este “Power Trio” Britanico pondra el punto de Rock Blues pesado no escenario.
NICO & THE BLUEBIRDS (Portugal) : Músico dende 1996 e director dende 2005, Nico Guedes presenta o seu novo álbum de temas inéditos cos Bluebirds,o trixésimo álbum da súa carreira -> “Thank You”, mentres prepara a realización dunha película inspirada neste disco. Nico & the Bluebirds amosan o lado Soul e R&B de Nico Guedes, que se senta á batería para cantar as cancións que arranxou con João Luzia (guitarra), Guilherme Minnemann (teclados) e Tiago Guerra (baixo). Nun concerto cheo de paz e amor para compartir co público, os Bluebirds son capaces de contar unha historia de principio a fin do espectáculo, cunha actuación tan emocionante como explosiva a ritmo de Soul & Funk.
LAYUCA (Cuba-Galicia) : Formado hai só tres anos na provincia de Pontevedra, este fantástico quinteto de músicos cubanos e gallegos desata ritmos latinos funk no escenario, facendo imposible que o público non baile. Liderados por Reynier Aldana, un talentoso baixista e cantante, con letras apaixonadas, harmonías meticulosamente elaboradas e un son funk de vangarda, LAYUCA está a labrarse un oco na escena musical a través da súa calidade e enerxía no escenario.
THE TRIPLETS (Galicia) : De Vigo, tres músicos destacados da escena blues da cidade uníronse hai só dous anos para formar unha fantástica banda de rock and roll dos anos 50, chea de diversión e enerxía. Diego, Fiz Novoa e Pisca nun trío xenial.
BLUE MONDAYS (Galicia): A sesión vermú no paseo marítimo de Panxon estará amenizada polo animado blues dos Blue Mondays. Este quinteto de músicos, con base en Vigo, revisitará o repertorio clásico do blues. A talentosa Laura Taka estará á voz, sorprendendo ao público cos seus arranxos de trombón. Unha boa maneira de comezar o Festival e quentar motores para as sesións da tarde e da noite.


