XX Nigranjazz

O NIGRANJAZZ CUMPRE 20 ANOS ESTENDÉNDOSE A TRES DÍAS DE CONCERTOS NA FOZ NOS QUE REFULXE A LAUREADA CANTANTE NORTEAMERICANA GRETCHEN PARLATO

Arranca o xoves 16 de xullo na Foz co cuarteto da cantante máis destacada da súa xeración, nominada a tres premios Grammy á mellor vocalista de jazz e presente en 85 álbumes, 4 deles coma líder. Nigrán ten a honra de recibila na súa primeira xira por España.

O cartaz o completa o venres 17 a banda de Ámsterdam ‘Eclipse’ e o sábado 18 Abe Rábade trío con John O’Gallagher ao saxo (este último ofrecerá unha master-class pola mañá no Auditorio Municipal)

O Concello inclúe neste 20 aniversario unha sesión de cine o martes 14 de xullo co filme ‘Mo´better blues’ e unha sesión previa de música o mércores no Malabar Pénjamo con Toño Otero Quartet.

Despois de 20 anos de jazz de primeiro nivel, o Nigranjazz é xa un referente en toda España”, sinala o alcalde, Juan González

Traer a Parlato é un vello soño que se fará realidad nesta edición tan simbólica; gozarán dela os jazzistas máis esixentes e tamén os neófitos e incluso os que din que non lles gusta o jazz”, destaca o director, Felipe Villar

Nigrán, 27/06/26.- O festival ‘Nigranjazz’ do Concello de Nigrán cumpre 20 anos estendéndose a tres días seguidos de concertos no esteiro de A Foz nos que refulxe con especial intensidade a vocalista norteamericana Gretchen Parlato, quen o abrirá o xoves 16 de xullo ás 21:30 horas. O programa o completa o venres 17 a banda de Ámsterdam ‘Eclipse’ e o sábado 18 Abe Rábade trío con John O’Gallagher ao saxo (este último ofrecerá unha master-class ao mediodía no Auditorio Municipal). Atendedo a celebración desta edición tan especial, o festival inclúe a proxección do filme dirixido por Spike Lee ‘Mo’better blues’ o martes 14 de xullo no Cine Municipal da Ramallosa ás 21:00 horas e unha sesión previa de música o mércores 15 no Malabar Pénjamo (Patos) con Toño Otero Quartet. O evento, no que se desvelou o cartel gañador deste ano, pertencente á ilustradora coruñesa Ana Varela, foi presentado esta mañá na nave de cervexas Banda en Porto do Molle, marca local que, un ano máis, colabora neste festival xunto coa Deputación de Pontevedra a través do Plan + Provincia. Como sempre desde o seu nacemento, todos os concertos e actividades son de balde.

Despois de 20 anos de jazz de primeiro nivel, o Nigranjazz é xa un referente en toda España”, sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que, paralelamente, “Nigrán está a contribuír a que exista esta grandísima canteira de músicos galegos que se inician aquí como público”.

“Traer a Gretchen Parlato é un vello soño que se fará realidad nesta edición tan simbólica, gozarán dela os jazzistas máis esixentes e tamén os neófitos, e incluso aqueles que din que non lles gusta o jazz”, destaca o director, Felipe Villar, impulsor do Nigranjazz desde a orixe xunto a Quin Alborés (a quen se lle adica o concurso de carteis) e o alcalde sendo daquela concelleiro de Cultura. Parlato (California, 1976) é a cantante máis destacada da súa xeración, nominada a tres premios Grammy en 2015, 2022 e 2024 á mellor vocalista de jazz e presente en 85 álbumes, 4 deles como líder. Nigrán ten a honra de recibila na súa primeira xira por España, esta será a súa segunda cita no país despois de debutar o día anterior no prestixioso Festival de Jazz de Vitoria.

Fiel a súa filosofía, o Nigranjazz seguirá apostando polos músicos novos, nesta edición persoalizados en ‘Eclipse’ o venres, un proxecto que nace en Ámsterdam e que está formado por estudantes de jazz diferentes procedencias, incluído o contrabaixista galego Álvaro Orcajo. O peche do festival corre a cargo do pianista galego por excelencia en formato trío, Abe Rábade, un dos maiores expoñentes internacionais do jazz feito en Galicia (o concerto vén patrocinado polo ciclo Artistas en Roteiro Jazz da AIE). Ao termo de cada un dos tres concertos comezarán as habituais jam-session, conducidas por tres cuartetos con salientables e prometedores músicos de jazz galegos; Rosolino Marinello Quintet, Fooz e The Jazz Avengers.

Como cada ano, o público poderá charlar desenfadadamente cos músicos asistentes ou consumir comida ou bebida mentras asiste aos concertos. Ademáis, estarán á venda camisetas deste edición e discos e haberá unha exposición ao aire libre cos 20 carteis de cada edición. Como xa é habitual, será un festival inclusivo que disporá de mochilas vibratorias para toda aquela persoa xorda que o solicite previamente no mail info@entresignos.com ou no whatsapp 690679675.

Historia do festival

O Nigranjazz cumpre 20 anos sendo o festival máis lonxevo organizado dende o Concello de Nigrán e o único adicado ao jazz de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan e polo ambiente que nel se respira. Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música apoiados polo Concello de Nigrán a través da Concellería de Cultura que dirixía o actual alcalde Juan González, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Desde entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek, Kurt Rosenwinkel, Jean Michel Pilc, Eve Cornelious, Aaron Parks… Pero non hai que esquecer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos. A master-class protagonizada por algún dos artistas máis destacados de cada edición e o festivai de carteis adicado ao falecido Quin Alborés (quen deseñou os 3 primeiros carteis) e outra parte intrínseca do festival.

Máis información ou solicitude de entrevistas:

Felipe Villar (653533082)