Programación ‘Letras Galegas 2026’

 

O CONCELLO DE NIGRÁN ADICA O MES DE MAIO ÁS LETRAS GALEGAS CON MÚSICA E HOMENAXE A BEGOÑA CAAMAÑO

O muíño de Porto do Molle será o epicentro de sendos concertos da banda de gaitas e zanfonas da ETRAD e tamén haberá actividades no Torreiro de Priegue, Auditorio Municipal e Biblioteca

O Concello de Nigrán presenta unha programación especial de maio adicada a conmemorar as Letras Galegas que inclúe música tradicional e unha homenaxe a Begoña Caamaño.

A Biblioteca Municipal será o punto de partida este venres 8 coa presentación do libro de Xosé María Álvarez Cáccamo ‘Árbore arriba. Memoria das orixes’, no que indaga na xenealoxía da súa familia, con históricos intelectuais galeguistas e escritores.

A continuación, o muíño de Porto do Molle será un dos principais escenarios da programación con sendos concertos das agrupacións da Escola de Música Tradicional de Vigo (ETRAD). Así, o sábado 16 ás 20:00 horas tocará a banda de zanfonas dirixida polo mestre titular Anxo Pintos e conformada por unha vintena de zanfonistas (a máis grande de España) que tocarán repertorio tradicional galego vocal e instrumental e outro tipo de melodías de diferentes folclores. O sábado 23 á mesma hora e no mesmo lugar todacará a súa banda de gaitas, dirixida polo mestre titular Xaquín Xesteira.

Entremedias, o propio Día das Letras Galegas, domingo 17 de maio, o Concello colabora co C.C.O Torreiro de Priegue para ofrecer un día cheo de folclore con muíñeira a partir das 12:00 horas e pola tarde, a partir das 17:00 horas, de Ardelume e Ardentía. Igualmente, a Coral Novos Aires de Nigrán ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal.

A programación finalizará o domingo 7 de xuño co espectáculo familiar de música e narración oral ‘As mil e unha’, de Vero Rilo e Luis Iglesias en homenaxe a Begoña Caamaño (12:00 horas, Auditorio Municipal).

“Fixemos unha programación para todos os públicos pensada para exaltar a nosa lingua e, ao mesmo tempo, para dar a coñecer á infancia a figura de Begoña Caamaño”, explica o alcalde, Juan González.