Obradoiro de sexualidade para a educación en familia

Data de inicio 24/04/2026
Data de fin 24/04/2026

 

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE VENRES UN OBRADOIRO DE SEXUALIDADE PARA FAMILIAS CON MENORES

Nigrán, 23.04.26.- O Concello de Nigrán ofrece este venres 24 de abril ás 19:00 horas no Salón de Plenos o obradoiro ‘Falamos de sexualidade. Claves prácticas para a educación en familia’, destinado a proxenitores ou tutores con menores que estén cursando educación primaria e secundaria. A actividade complementa os obradoiros de educación sexual que o Concello, a través do Centro de Información á Muller (CIM) ven desenvolvendo no centros educativos desde o 25 de febreiro.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42