II Ciclo Música Clásica: ‘Proxecto Magnard’

O CONCELLO DE NIGRÁN PECHA ESTE SÁBADO O SEU ‘II CICLO DE MÚSICA CLÁSICA’ CON ‘PROXECTO MAGNARD’
Trátase dun quintento de frauta, clarinete, óboe, fagot e piano fundado en 2025 tras coincidir os seus músicos na Orquestra Vigo 430 e Kasperverk
O obxectivo de dar visibilidade á música de cámara para instrumentos de vento e piano xurdida na Francia de mediados do século XVIII
O Concello de Nigrán pecha este sábado 7 de marzo o seu ‘II Ciclo de Música Clásica‘ coa actuación de ‘Proxecto Magnard’ a partir das 20:00 horas no Auditorio Municipal con entrada libre ata completar aforo. Trátase dun quintento de frauta (Laura Lorenzo), clarinete (Virginia Lis), óboe (Celia Olivares), fagot (María García) e piano (Brais González) fundado en 2025 tras coincidir os seus músicos na Orquestra Vigo 430 e Kasperverk. Este ciclo acolleu anteriormente a artistas internacionais e grandes promesas galegas, confirmando o compromiso do Concello coa excelencia e co descubrimento de novas voces, ofrecendo gratuitamente á veciñanza experiencias artística de gran sensibilidade e calidade.
O concerto é unha invitación a mergullarse na Francia de mediados do século XVIII, cando os instrumentos de vento madeira alcanzaron un período de esplendor grazas ao Conservatorio de París: alí formáronse solistas virtuosos, desenvolveuse un repertorio especializado, e numerosos compositores atoparon nos timbres da flauta, do clarinete, do óboe e do fagot un espazo para explorar novas cores e sonoridades. O propio nome de Magnard foi elixido para visibilizar e render homenaxe a obra deste compositor francés que constitúe un piar fundamental do repertorio que tocará a formación. Consecuentemente, o quinteto convida a percorrer máis de medio século de música francesa para vento madeira e piano: desde o estilo vibrante de Françaix; pasando pola brillantez de Saint-Säens, ata lixeireza neoclásica de Poulenc e, por suposto, o gran Albéric Magnard.
