VI Certame de poesía Beatriz da Serra

Data de inicio 16/01/2026
Data de fin 16/01/2026
Este venres, 16 de xaneiro, celebrarase no Auditorio Municipal de Nigrán a entrega de premios do VI Certame de poesía Beatriz da Serra, a partir das 20:00 horas. Este certame de poesía está organizado polos Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua galega de varios centros do Val Miñor, en colaboración co Concello de Nigrán, Baiona e Gondomar. Nomeadamente: o IES Terra de Turonio (Gondomar), o IES Escolas Proval (Nigrán), o CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán), o CPI Arquitecto Palacios (Panxón-Nigrán), o CIP Chano Piñeiro (Gondomar) e o IES Primeiro de marzo (Baiona).
Convídase a toda a veciñanza do Val Miñor a que se acheguen a desfrutar da poesía en homenaxe a esta baionesa que nunha das peores épocas para a nosa lingua escribiu as súas cartas para o conde de Gondomar en galego.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42