Magostos populares

Data de inicio 8/11/2025
Data de fin 8/11/2025

O CONCELLO DE NIGRÁN ACHEGA MÁIS DE 300 KILOGRAMOS DE CASTAÑAS PARA OS MAGOSTOS DAS DIFERENTES ENTIDADES

Solicitaron a A.V.Monteferro-Panxón, o Centro Cultural Bolos da Carrasca, Asociación de Veciños de Camos e A Camoesa, o Centro Cultural de Priegue e o das Angustias

Nigrán, 04/11/25.- O Concello de Nigrán, como cada ano, fornece con máis de 300 kilogramos de castañas os magostos populares que se organizan no municipio. Así, todas as entidades solicitantes, a A.V.Monteferro-Panxón, o Centro Cultural Bolos da Carrasca, Asociación de Veciños de Camos xunto ao Centro Cultural A Camoesa, o Centro Cultural de Priegue e o das Angustias, recibiron ao redor de 60 kg por parte do Concello, investíndose preto de 900 eurosA maioría deles terá lugar tarde deste sábado 8 de novembro (Camos, A Carrasca e Panxón) e o o sábado 22 de novembro celebrarase en Priegue e As Angustias.

“Hai anos que optamos por achegar castañas a cada asociación que nolo pida en lugar de organizar desde o Concello un único magosto porque consideramos que é unha tradición popular galega que se debe preservar en cada barrio. Se algunha outra entidade decide celebralo tamén lle proveeremos delas“, explica o alcalde, Juan González. 


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42