Festival Hip&Roots ‘Camart’

O CONCELLO DE NIGRÁN COLABORA CO FESTIVAL GRATUÍTO ‘CAMART’ DE CULTURA HIP-HOP E ROOTS EN CAMOS
Terá lugar mañá sábado de 13:30 a 03:00 horas no xogo de bolos do Vilar coa presenza de artistas como Hermano L, Tomawok (FR), El Puto Coke & Elecesar (Thre360YZ), Uncle Doc & N Skillzz, Globersmokers, Seoane & Doval y Ras Jacob Kings Tribute Sounr System.
Nigrán, 12/09/25.- O Concello de Nigrán colabora coa asociación cultural Cam Art Prods & Rúa&Stylo para ofrecer mañá sábado 13 de setembro unha nova edición do Hip&Roots Jam, que se celebrará cada dous anos en Camos-Nigrán, dando vida ao rural e facéndolle un oco aos estilos alternativos da cultura hip-hop e Roots vives. O evento, con entrada gratuíta, terá lugar de 13:30 a 3:00 horas no xogo de bolos do Vilar (Camos).
Este comezará ás 13:30 horas con Sound System Vermú e continuará cunha sesión de Dj Rojo. Acto seguido comezará o espectáculo de música en directo, para despois volver pechar o evento con artistas invitados e o Sound System ata as 3:00 da madrugada. Participan, entre outros, Hermano L, Tomawok (FR), El Puto Coke & Elecesar (dúas xeracións, ‘El Puto Coke’, artista referente da escena viguesa, e Elecésar coa súa traxectoria ao micro detrás), Uncle Doc & N Skillzz (rapeiros de Pontevedra), Globersmokers (rap underground de Redondela), Seoane & Doval (artistas emerxentes do Val Miñor) y Ras Jacob Kings Tribute Sound System.
Haberá foodtrucks, caseta de serigrafiado en directo de camisetas do evento, casetas de artesanía, comida caseira, carne-vegano…
