ATLÁNTICA Beach Party-APRAZADA POLA PREVISIÓN DE CHOIVA

Data de inicio 17/04/2025
Data de fin 17/04/2025

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE NOVAMENTE EN SEMANA SANTA O FESTIVAL DE DJ ‘ANTLÁNTICA BEACH PARTY’

Terá lugar o xoves 17 de abril en Praia América con entrada libre e a presenza dos Djs máis recoñecidos do país, como Alez Martini, Groove Amigos, Gainza, Samu Pexe, Alex G. e Vicente Stone

Madrid, 20/03/25.- O Concello de Nigrán aposta novamente esta Semana Santa pola música electrónica de calidade ofrecendo a xoves 17 de Abril a partir das 19:00 horas a terceira edición do festival Atlântica Beach Party, en Praia América e de xeito totalmente gratuíto para o público. O Concello mantense fiel a esta cita que congrega durante toda a tarde-noite a todo tipo de público, pero que atrae especialmente á mocidade.

Está nova edición contará cun dos djs urbanos máis recoñecidos do país como é Alex Martini, que estará acompañado no escenario polo galego máis internacional, Groove Amigos, ademais de GainzaSamu Pexe, Alex G. e Vince Stone. Pero non só a música será protagonista, tamén o show visual co escenario móbil A Gramola 360*. Un dos máis demandados e modernos do país, con pantallas led, son, efectos especiais… de última xeración. O evento terá barra e diversas food trucks.

“Somos un Concello que ofrece festivais de música para todo tipo de públicos e gustos, non temos un concepto pechado da cultura, en Nigrán podes asistir a festivais de jazz, música clásica, Reggaeton… a diversidade e a inclusión nos desfine en todos os sentidos, tamén no musical”, reflexiona o alcalde, Juan González.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42