Presentación de libro: ‘Avelino Cabezas e os seus irmáns. Un relato de Narón’, escrito por Antón Seoane

Data de inicio 28/02/2025
Data de fin 28/02/2025

O CONCELLO DE NIGRÁN PRESENTA ESTE VENRES NA BIBLIOTECA O LIBRO DE ANTÓN SEOANE ‘AVELINO CABEZAS E OS SEUS IRMÁNS. UN RELATO DE NARON’

O autor é Antón Seoane, siquiatra e fundador de Milladoiro, quen relata a propia historia dos seus ancestros, emigrantes de éxito en América

Nigrán, 25/02/25.- O Concello de Nigrán acolle este venres 28 de febreiro ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal a presentación do libro ‘Avelino Cabezas e os seus irmáns. Un relato de Narón’, escrito por Antón Seoane, psiquiatra e fundador do grupo folk Milladoiro que residíu boa parte da súa vida en Camos. O alcalde de Nigrán, Juan González, presentará o acto.

É esta unha odisea na que Seoane narra a aventura do seu propio avó e que recolle a evolución dunha saga, dende os tempos da grande emigración galega a América do Sur, a finais do século XIX, ata os lindeiros da Segunda Guerra Mundial; a de cinco irmáns, catro cativos de unha rapaza, nados en Narón, entre 1870 e 1878. É esta unha historia entrefebrada de esforzo, sufrimiento e éxito comercial, honesto e solidario, recoñecido polo mundo empresarial porteño. Quen os guiou foi o maior, Avelino, nado en 1870, que marchou con 13 anos ao Uruguai, para, ao pouco, establecerse na emerxente Buenos Aires. Seguiríano os outros catro. Foi Avelino Cabezas un empresario innovador, imaxinativo, de ideario humanista e sentido equitativo, todo un adiantado no mundo da publicidade, con escintilante éxito comercial entre o remate do século XIX e o seu falecemento en 1916, acompañado dos seur irmáns, que seguiron a súa senda ata 1936. Do seu poderío económico seguen a dar fe dúas casas: unha, El Paraíso, na Córdoba arxentina, a outra, Libunca, en Narón.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42