Visita ornitolóxica ao esteiro do Miñor

Data de inicio 22/02/2025
Data de fin 22/02/2025

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE SÁBADO UN ROTEIRO ORNITOLÓXICO POLA FOZ DO MIÑOR

Estará guiado polo biólogo Diego Rodríguez Vieites, especialista en ornitoloxía

Nigrán 17/02//25.- O Concello de Nigrán ofrece este sábado 22 de febreiro un roteiro ornitolóxico pola Foz do Miñor guiado polo biólogo Diego Rodríguez Vieites, especialista en ornitoloxía galega en particular. Non é preciso inscrición previa e o punto de encontro é ás 16:00 horas no escenario ao aire libre do esteiro de A Foz (onde o Nigranjazz). Recoméndase que todo aquel que teña prismáticos os leve.

Entre as especies de aves acuáticas que se poden observar nesta área están a garza cincenta, a garzota, o corvo mariño real, o bilurico bailón, o bilurico patirrubio, o bilurico pativerde, o virapedras, o pilro curlibico, o mazarico galego, o mazarico rabipinto, a gabita, a gaivota chorona, a gaivota patiamarela, a gaivota escura, o gaivotón, o carrán cristado, o picapeixe e a aguia peixeira


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42