‘Abur Nadal’ – ‘Zoo Libre’

Data de inicio 10/01/2025
Data de fin 10/01/2025
Coincidindo coa semana do Selo e no marco do fomento da lectura nas primeiras
idades, o Concello de Nigrán organiza un contaconto especial coa escritora local Soledad García.
O evento titulado “ABUR NADAL”, está dirixido ás nenas e nenos de entre 3 e 6 anos, que
veñen de enviar as súas cartas cheas de ilusión e selos durante as festas. A obra
protagonista será “ZOO LIBRE”, que foi presentada con gran éxito en dúas ocasións no
Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), rexistrando unha elevada demanda.
Esta proposta achega aos máis pequenos á importancia dos dereitos dos animais e a
educación ambiental.
A actividade terá lugar este venres 10 de xaneiro, ás 18:00 h, no Auditorio de Nigrán. O
acceso é gratuíto até completar aforo, sendo necesario que os menores asistan
acompañados dun adulto.
Soledad García, escritora no ámbito do Val de Miñor e Vigo conta cunha ampla traxectoria
literaria que inclúe libros e premios como Samagostín, Un paseo por Nigrán, Un paseo por
Baiona, Un paseo por Gondomar, Un paseo polo Nadal de Vigo ou o exitoso Urco, unha
historia reciclada, que fomenta a adopción responsable de animais. Con “Zoo Libre”, a
autora comeza o ano 2025 reafirmando o seu compromiso coa protección animal e a
educación en valores dende a literatura.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42