I Ciclo de Música Clásica Concello de Nigrán: Orquestra Barroca Vigo 430 + Anna Urpina (violín e dirección) e Aurora Peña (soprano)

Data de inicio 1/03/2025
Data de fin 1/03/2025
O CONCELLO DE NIGRÁN ESTREA O SEU PRIMEIRO CICLO DE MÚSICA CLÁSICA CO CONCERTO DE FIN DE ANO DA ACORDEONISTA NEREA RODRÍGUEZ

Tocará cun cuarteto de corda o día 29 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio con entrada de balde ata completar aforo

As seguintes citas terán lugar o 26 de xaneiro coa violinista polaca Julia Blachuta e o pianista pontevedrés Severino Ortiz e o 1 de marzo coa Orquesta Barroca Vigo 430 acompañada pola violinista Anna Urpina e a soprano Aurora Peña

“Estreámonos con artistas premiados internacionalmente para ofrecer un ciclo gratuito de gran calidade que repetiremos anualmente, igual que o ‘Primavera de Jazz`”, explica o alcalde, Juan González

Nigrán 23/12/24.- Artistas premiados internacionalmente protagonizarán o primeiro ciclo de música clásica organizado polo Concello de Nigrán. A cita inaugural será co concerto de fin de ano da acordeonista Nerea Rodríguez acompañada do cuarteto de corda liderado por Ana Shi o 29 de decembro no Auditorio Municipal (20:00 horas). As seguintes terán lugar o 26 de xaneiro coa violinista polaca Julia Blachuta e o pianista pontevedrés Severino Ortiz e o 1 de marzo, na Igrexa de Santiago de Parada, coa Orquesta Barroca Vigo 430 acompañada pola violinista catalana Anna Urpina á dirección e a soprano valenciana Aurora Peña. Todos os concertos serán no Auditorio Municipal con entrada de balde ata completar aforo.

“Estreámonos con artistas premiados internacionalmente para ofrecer un ciclo gratuito de gran calidade que repetiremos anualmente, igual que o ‘Primavera de Jazz`”, explica o alcalde, Juan González, quen incide na gratuidade e na proximidade dos mesmos. “Temos unha Escola Municipal de Música cun alumnado activo e numeroso que demanda este tipo de ciclos para poder ampliar a súa formación, está pensado neles e na veciñanza en xeral”, explica o alcalde, Juan González.

Nerea Rodríguez iniciou os seus estudos musicais en Pontevedra con M. Padrón, continuando a súa formación no Conservatorio Superior de Música de Aragón. Ten sido galardoada en diversos concursos nacionais e internacionais, entre os que destacan: o Certame de Arrasate, o Concurso Internacional de Música de Cámara Ciudad de Vinarós e o IMKA Competition. Membro de diferentes formacións, participou en destacados festivais e ciclos de concertos a nivel internacional e nacional: Akkordeon International Festival (Kiev), Armi Hall (Saraievo), Festival Internacional de Música de Cámara de Vinarós (Valencia), Festival Internacional de Música de Cámara de Mendoza (Arxentina), Conservatorio Nacional de Acordeón (Chile), Festival Electrocution (Francia)… Nerea mantén un forte compromiso coa música contemporánea, estreando obras de máis dunha quincena de compositores. O seu último traballo é co Dúo Xistra, titulado Boundar(ii)é, que inclúe composicións creadas especificamente para o dúo.

Julia Blachuta e Severino Ortiz.

26 de Xaneiro no Auditorio Municipal ás 20:00 h

Julia Blachuta é unha violinista polaca nada en 2001 en Cracovia. Comezou a tocar o violín aos 7 anos e debutou coa orquestra Fresco Soar aos 12. Graduada con matrícula de honra no Royal College of Music, foi galardoada co prestixioso Premio HMD Meyer de violín e recibiu o apoio da bolsa do L.G. Harris Trust. Julia continúa os seus estudos co profesor Rashkovsky no Royal College of Music e é agora beneficiaria dunha bolsa do RCM, así como do Drake Quella Trust Award for 2024/2025 e o Countess of Munster Trust Award. Recibiu numerosos premios e honras, entre eles a bolsa Julius Isserlis da Royal Philharmonic Society e a prestixiosa Bolsa do Ministerio de Cultura de Polonia pola súa excepcional contribución á representación internacional da cultura polaca. Foi galardoada nunha ducia de concursos internacionais e nacionais de violín e toca un magnífico violín Audinot, construido en 1860.

Severino Ortiz, nacido en Pontevedra, recibe a súa máis apreciada e valiosa formación pianística da man da profesora Vladimira Smausová. Tras obter os títulos superiores de Piano e Música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo, completa a súa formación na Academia Superior de Música e Artes Escénicas de Praga (República Checa) coa profesora Dagmar Simonková e o profesor Frantisek Maly (1998-2000). Como solista, colaborou coas orquestras “Vigo 430”, “Clásica de Vigo” e “Filharmónica de Pontevedra” e ofreceu diversos recitais. Desde 2003 forma dúo estable co seu amigo, o tenor José Antonio Campo Edesa. Como músico de cámara colabora co Ensemble Vigo 430 e tocando con solistas como Rusanda Panfili, Lir Vaginsky, Lea Hennino, Cristina Goicea, Virginia Lis, Sindy Mohamed ou noutros proxectos co violinista Mario Peris e o clarinetista Roberto Noite.

Orquesta Barroca Vigo 430 + Anna Urpina e Aurora Peña.

1 de marzo no Auditorio Municipal

A Orquesta Barroca Vigo 430 é unha formación especializada na música do período barroco e preclásico nada no seo da orquestra viguesa Vigo 430. Esta sección emprega instrumentos de similares características aos da época na que a música foi creada, asi como criterios musicais, estéticos e técnicos históricamente informados. Anna Urpina estará excepcionalmente á dirección para este evento na igrexa de Parada. Nada en Vic (Barcelona), cursa aos seus estudos en Madrid, Universidade de Madison-Wisconsin (USA) Real Conservatorio de Bruxelas e Hochschule für Musik de Leipzig. Discípula directa do Mestre Enrico Onofri en Italia, completa os seus estudos de Música Antiga en Francia, ESMUC e ou Conservatorio de Ámsterdam. Foi concertino e solista de JONC, JONDE e membro de Gustav Mahler Jungendorchester, EUYO e orquestra Schleswig-Holstein, actuando nos principais escenarios de Europa. Foi galardoada cos primeiros premios non Concurso Nacional de Xàtiva, Concurso Marcos Pedro Jimeno e Concurso New Tenuto en Bélxica. Gañadora tamen do concurso do Real Conservatorio de Madrid para actuar como solista no Auditorio Nacional Madrid e do Concurso de Laureados non Real Conservatorio de Bruxelas.

Nada en Valencia, Aurora Peña foi gañadora do Primeiro Premio de Canto do Concurso Internacional de Música de Lles Corts 2021 (Barcelona); recibiu o Premio Extraordinario Ferrer-Salat no Concurso Internacional Tenor Viñas 2021. Primeiro Premio e Premio do Público no Concurso de Canto Germans Pla de Balaguer (2021)… Debuta no Teatro Real con Dido & Aeneas en 2015 e na súa crecente carreira debutou como solista en lugares como Wiener Konzerthaus, Teatro dá Zarzuela, Auditorio Nacional de Música de Madrid, Palau da Música Catalá, Auditorio de Belém de Lisboa, Beit Hatfutsot Auditorium de Tel Aviv… Así mesmo, cantou baixo a batuta de directores como Paul Agnew, Wolfgang Katschner, Aarón Zapico… 


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42